24 oct
2019
|
Apocalipsis demográfico y social en GaliciaEnviado por sociedad . Etiquetas: Sin clasificar |
|
A Coruña, 22 de outubro de 2019.- Co título "Nas orixes da apocalipse demográfica e social de Galicia" o grupo de investigación da Facultade de Socioloxía Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, ESOMI, organiza os vindeiros días 24 e 25 de outubro, no Museo de Belas Artes da Coruña un simposio de conferencias abertas ao público no que se analizarán as causas da situación actual demográfica e social de Galicia.
Segundo explica a organización, nas conferencias explicarase aos asistentes "o porque da importancia que a Demografía ten acadado no xogo político e social, quer a nivel europeo ou estatal; as causas reais da baixa fecundidade en España e Galicia; os cambios económicos, sociais e demográficos experimentados pola sociedade galega nos últimos corenta anos; a importancia histórica e actual da emigración galega; ou os remedios que a mesma lles ofrecen as actuais políticas demográficas".
O programa contará con relatores de alto nivel como Hervé Le Bras, director de estudos emérito do Laboratorio de Demografía e Historia Social, École des Hautes Études en Sciences Sociales, Francia, e investigador emérito do Instituto Nacional de Estudos Demográficos de Francia, que abrirá as intervencións o día 24, ás 10:45, co relatorio "Migracións, populismo e extrema dereita en Europa".
A continuación intervirá Andreu Domingo, subdirector do Centro de Estudos Demográficos da Universitat Autónoma de Barcelona, con "A crise do Open Arms. Migracións, Estado e deriva tanatopolítica".
Ás 16:00 horas falará julio Pérez Díaz, científico do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, con "O renacer do natalismo".
O xoves concluirá co relatorio de Teresa Castro martín, profesora do CSIC, "A baixa fecundidade en España: a fenda entre desexos e realidades reprodutivas".
O venres 25, abrirá as sesións o profesor da USC Edelmiro López Iglesias, ás 9:30 con "O descorrer demográfico, económico e social de Galicia nos últimos corenta anos". De seguido intervén Antía Pérez Caramés, profesora de Socioloxía da UDC, que falará de "Emigracións e políticas de poboación en Galicia". Isidro Dubert, catedrático de Historia da USC, remontarase "Nas orixes históricas da apocalipse demográfica e social de Galicia". Coa intervención da profesora de Socioloxía da UDC Belén Fernández Suárez "A urxencia dunha nova política de retorno para a actual vaga emigratoria" e un debate posterior concluirán as conferencias deste simposio.
Artículo publicado por Apuntes de demografía by julio Pérez Díaz , bajo licencia Creative Commons Reconocimiento 3.0 España License.